CONECTAD@S

Campaña de Fundación Amigos de Galicia destinada ao pago de ordenadores, táblets e conexión a internet para menores galegos en idade escolarizada co obxectivo de loitar contra a brecha dixital actual que viven moitas familias galegas con escasos recursos.

Colabora na compra dunha tableta dixital
Colabora na contratación dun mes de conexión a internet
Colabora na compra dun ordenador portátil

Colabora con outras cantidades

Tódalas aportacións nos axudan a loitar contra a brecha dixital que sufren moitos menores de Galicia.

Obxectivo 549 alumnos dixitalizados

Esta nova campaña xorde dado elevado aumento de solicitudes que a entidade está recibindo nos últimos meses de familias galegas con menores a cargo que non contan con dispositivos informáticos necesarios, así con conexión a internet, para que poidan desenvolver o curso escolar en igualdade de condicións.

A falta de conectividade dos fogares dos nenos/as e mozos/as galegos/as limite a súa capacidade para desenvolverse no século XXI, e os leva a quedar atrás nos seus estudos por non poder desenvolver as tarefas escolares, que cada vez requiren de máis dispositivos informáticos.

A brecha dixital perpetúa as desigualdades, quedando a educación moitas veces fora do alcance dos menores que non teñen acceso a internet ou dispositivos informáticos suficientes.

Dende a Fundación Amigos de Galicia pretendemos que a campaña sensibilice á sociedade galega co obxectivo de poder cubrir o material informático e conexión a internet de 549 menores galegos en risco de exclusión social, atendendo tódalas solicitudes que teñamos no desenvolvemento da mesma, sendo estas valoradas polo Departamento de Traballo Social de Fundación Amigos de Galicia.

Outras formas de colaborar

Recollida de tapóns

Transformamos o plástico duro que compoñen os tapóns das bolletas nunha solución ecolóxica capaz de xerar pequenos ingresos que impulsan iniciativas en favor dos menores que atendemos. Axúdanos depositando os teus tapóns nos distintos puntos de entrega habilitados.

Outras formas de colaborar

Doazón de Tabletas Dixitais

A entidade tamén habilita as oficinas da entidade situadas en Santiago de Compostela (Avda. de Lugo, 115); Pontevedra (Edificio Administrativo Benito Corbal); Ourense (Avda. de Portugal, 59) e Vilagarcía de Arousa (Avda. Matosinhos, 2) como puntos de recollida de tablets de segunda man en perfecto estado para poder dar cobertura desta necesidade entre os menores que atendemos.